martes, 16 de xuño de 2015

Esiximos que cese o bloqueo de acceso ao blogue de CIG San Caetano desde os equipos da Xunta

Desde os equipos informáticos do persoal destinado nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza está habendo problemas puntuais para acceder á seguinte páxina web:


Vai dúas semanas nos puñamos en contacto coa dirrectora do AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza) para que puxera solución a este tema que xa denunciaramos vía web cada vez que se producía un bloqueo. Actualmente, avísannos compañeiras e compeñeiros dos Serivzos Centrais que seguen tendo problemas para acceder ao noso blogue.

Non é a primeira vez que temos denunciado situacións similares, en marzo de 2012, e en xuño e agosto de 2013, onde dende a rede corporativa da Xunta de Galiza non se permitía o acceso a determinadas webs informativas de ideoloxía, podemos chamarlle así para non darlle máis voltas, de esquerdas.

Neste caso, este blog informativo trátase da ferramenta prinicipal de comunicación e de acción sindical desta sección sindical, que vén de gañar as recentes eleccións á Xunta de Persoal Funcionario dos Servizos Centrais e que, polo tanto, estase bloqueando a web do sindicato maioritario. Agardemos que tanto a AMTEGA coma Función Pública sexa consciente da repercusión que pode ter esta circunstancia, achacable únicamente, a unha acción de bloqueo arbitrario por parte da Administración Pública da Xunta de Galiza.

Chámanos sumamente a atención que nunca haxa problemas para acceder a páxinas como http://www.ppdegalicia.com. Non queremos pensar que este tipo de diferenza de criterio á hora de bloquear o acceso a determinadas páxinas se deba a un criterio de discriminación ideolóxica, xa que, de selo caso, estaríamos a falar de CENSURA.

Lembramos que o artigo 20 da Constitución Española indica que o dereito fundamental a recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión, non se pode restrinxir mediante ningún tipo de censura previa. Moito menos cando falamos de recibir información sindical por parte do persoal traballador da Xunta de Galiza.

Polo exposto, vimos de solicitar a AMTEGA e a Función Pública que facilite o acceso ao blog informativo da Sección Sindical de Persoal Funcionario da CIG nos Servizos Centrais, así como a todo tipo de páxinas web informativas, indepentemente da súa ideoloxía e sen que se exerza ningunha censura previa, e que dese xeito cada empregado ou empregada pública poida elixir a fonte de información que estime convinte na defensa dos seus lexítimos dereitos e que se nos informe no momento no que estes problemas estean solucionados e o motivo deste bloqueo.

Así mesmo, advertimos que a non rectificación por parte da Xunta de Galiza á hora de continuar con este bloqueo ao acceso ao blog desta sección sindical deixaranos o camiño aberto para exercer as accións xudiciais que estimemos oportunas.

1 comentario:

  1. 16/06/2015 12:47 AMTEGA responde e agradecemos a rápida comunicación e actitude colaborativa:

    Fai uns días, revisouse o funcionamento das máquinas de filtro web e creouse unha excepción para que non se bloquee o acceso ao voso Blog. Non estamos detectando novos casos de bloqueo do blog do CIG. Pero ao estar este aloxado no hosting de blogspot.com.es, pode verse afectado polo contido non lícito doutros blogs, que non teñen que ver co contido do voso blog do sindicado ( por exemplo contido ilegal, virus informáticos, pornografia, etc aloxado noutros blogs de blogspot.com.es).

    ¿Poderías confirmarnos se tendes novos casos recentes de bloqueos no acceso a http://cigsancaetano.blogspot.com.es/?

    Nese caso, ¿poderías facilitarnos a url completa que fai saltar o filtro web?. Acabamos de probar e non nos salta o filtro ao acceder a http://cigsancaetano.blogspot.com.es . O filtro tampouco nos salta ao acceder a unha das publicacións, por exemplo:

    http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2015/06/a-xunta-de-galicia-minte-sobre-os.html

    ResponderEliminar