venres, 12 de xuño de 2015

RPT Turismo: a Xunta por fin crea as prazas necesarias para poder cumprir a sentenza do Tribunal Supremo

Agora só falta que o Tribunal termine de executar a sentenza aprobando ás 12 persoas aspirantes para as 12 prazas convocadas.

O xoves, 11 de xuño, enviaba a Secretaría Xeral da Presidencia informaba do envío da documentación que remitiron á Dirección Xeral de Función Pública e á Dirección Xeral de Avaliación para proseguir coa tramitación da modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galicia.

O cambio máis destacable prodúcese con relación á escala de Inspección de Turismo no que pasan a crear 8 postos (e non os 5 inciais propostos) pra dar cumprimento a sentenza que obrigaba a repetir o proceso selectivo do 2001 que, xunto a 4 vacantes cubertas por persoal interino, sumarían as 12 novas prazas necesarias. Desto falábamos no noso artigo "a fondo" da páxina 2 do Boletín de maio.

O director xeral da Función Pública informaba deste cambio na Comisión de Persoal do 15 de xuño cun engadido sobre un recente auto do Tribunal Superior de Xustiza que viña a dárlle a razón a Xunta. A realidade é que este último auto non lle dá a razón á Xunta exactamente. Segundo fontes consultadas, o auto vén dicir que se tire para adiante co proceso selectivo paralizado desde 2001 e que non fai falta agardar pola RPT de Turismo para facelo. Curiosamente, esta última era unha das xustificacións da Función Pública anos atrás para dilatar a execución da sentenza que obrigaba a repetir o proceso.

Como tamén comentábamos no Boletín de maio a sentenza é moi clara ao respecto de que deben superar esta última proba 12 aspirantes, non vale logo con deixar desertos os postos. Nesto convén recordar que a lei establece que "non pode superar un proceso selectivo máis persoas que prazas" pero é que despois deste 4º exercicio aínda hai unha fase de concurso.

Por outra banda, de sobre é coñecida a tendencia da Xunta en certas escalas, ou en certas convocatorias, de deixar desertas prazas convocadas. En calquera caso, unha cousa é que non superen o proceso máis persoas que prazas (obrigado por lei) e outro que non poidan deixar prazas desertas (obrigado neste caso particular pola sentenza).

Aproveitamos para achegarvos o propio resumo do proceso de eleboración da RPT que envía a propia Secretaría Xeral da Presidencia xunto coa documentación:


1.- ESCALA DE INSPECCIÓN TURÍSTICA

·        Ante as alegacións das organizacións sindicais, e tras consulta ás Direccións Xerais de Función Pública e de Orzamentos para a dotación económica dos postos, imposible para a Axencia, procedese  a crear oito novos postos da Escala de Inspección Turística, que sumados aos 4 vacantes neste momento, suman os doce necesarios para cubrir o sinalado na sentenza relativa ó proceso selectivo desta Escala. Estes postos créanse en principio en número de dous por provincia, se ben, recollendo igualmente as peticións das organización sindicais, en Lugo créase 1 posto e en Ourense 3 para compensar o posto eliminado anteriormente por causa doutra sentencia xudicial.

·        Para fomentar a carreira profesional do persoal da Escala de Inspección Turística, ábrense dez postos para o persoal desta escala: cinco xefaturas de área e cinco seccións

2.- OFICINAS DE TURISMO

·        Creación de cinco prazas de responsable de oficina para cinco oficinas de turismo.
·        Respecto dos tres postos das oficinas de turismo pechadas con anterioridade a 2012 (Vilagarcía de Arousa e Tui), e para non prexudicar ás persoas afectadas, procédese á reordenación destes postos, do seguinte xeito:

o   A Xefatura da Oficina de Turismo de Vilagarcía de Arousa reordénase á localidade de Pontevedra, localidade de residencia do persoal funcionario que ocupa o posto con carácter definitivo. Este posto segue a desempeñarse con carácter definitivo, computándose a todos os efectos o tempo de servizos prestados desde a data en que tivese ocupado con carácter definitivo o posto de traballo de orixe.

o   A Xefatura da Oficina de Turismo de Tui, reordénase á localidade de Vigo, localidade de residencia do persoal funcionario que ocupa o posto con carácter definitivo. Este posto segue a desempeñarse con carácter definitivo, computándose a todos os efectos o tempo de servizos prestados desde a data en que tivese ocupado con carácter definitivo o posto de traballo de orixe.

o   O Subalterno da Oficina de Turismo de Vilagarcía de Arousa, reordénase á localidade de Pontevedra, centro de destino dentro da Axencia Turismo de Galicia máis cercano á localidade de residencia do persoal funcionario interino que ocupa o posto con carácter interino.

·        De non ser levada a cabo esta reordenación o persoal funcionario de carreira (xefaturas de oficina de turismo de Vilagarcía de Arousa e de Tui) cesaría por supresión do posto e quedaría á disposición do órgano competente, que procedería á súa adscrición provisional nun posto de traballo correspondente ao seu corpo. Así mesmo este persoal estaría na obriga de participar nos concursos de provisión para posto adecuados ao seu corpo. No caso do persoal funcionario interino ocupante do posto de subalterno na oficina de turismo de Tui a amortización do posto produciría o seu cese coa entrada en vigor da nova R.P.T.

·        Esta reordenación non suporá, en ningún caso, modificacións nos niveis dos postos nin nas retribucións percibidas polos ocupantes dos distintos postos reordenados.

3.- ACORDO SOBRE HORARIOS DAS OFICINAS DE TURISMO

·        Inclusión dun apartado onde se fai constar que se tivo en conta que o traballo nalgunhas oficinas de turismo se desenvolve en cooperación coas oficinas da Administración local.

·        Cambio da expresión “horario de referencia” por “horario de apertura”.

·        Distinción entre oficinas de turismo de maior e menor afluencia

·        Redución horaria na tempada alta de luns a sábados nas oficinas de menor afluencia.

·        Redúcese nun mes a tempada alta

·        Fixación da posibilidade de peche os domingos de temporada baixa nos casos de escasa afluencia de público.

·         Posibilidade de fixación polo xefe/a de área dun horario diferente do habitual para determinados días do ano con causa xustificada.

·        Limitación da posibilidade de traballar os días 24 e 31 de decembro ao tramo horario de 10 a 14 horas.

·        Posibilidade de que os motivos de conciliación laboral e familiar deixen sen efecto a sinatura do acordo.

·        Establecemento de descanso un fin de semana (sábado e domingo) de cada tres. Anteriormente estaba fixado un domingo de cada dous.

·        Aumento do prazo de preaviso para establecer un horario diferente do habitual no caso de eventos imprevistos de 7 a 10 días.

·        Incremento do específico diferencial que pasa a ser de 150 €. Sinalar que o valor deste específico era inicialmente de 68,75 €, pasou logo a 100 €, máis tarde a 130 € e queda finalmente en 150 €.

4.- OUTRAS MODIFICACIÓNS


   Respecto ós cambios de denominación de dous postos de persoal laboral que foran comunicados na reunión do 8 de maio, quedará finalmente reducido a un só cambio: o posto IC.C99.10.000.36001.330 -Limpador/a- pasa a ser PX.A29.10.000.36001.100 -Persoal servizos xerais-. Este cambio prodúcese previa solicitude do traballador, dentro do mesmo grupo e categoría profesional, axustando a denominación ás tarefas reais do traballador. O outro cambio non puido realizarse pola oposición expresa da traballadora afectada.

·        Dos 25 postos que figuraban inicialmente como postos de libre designación, redúcese a 8. Destes hai tres contemplados como postos de LD na Lei do emprego público de Galicia: dous son niveis 30 e outro é unha secretaría de director. Os outros 5 que permanecen con forma de provisión LD son as catro xefaturas de área territoriais e a xefatura de área de inspección de servizos centrais. No caso das xefaturas de área territoriais a motivación para a permanencia desta forma de provisión indicada na memoria da RPT é “Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio da autoridade administrativa” e no caso da xefatura de área de inspección “Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade administrativa da Xunta de Galicia (a dirección da inspección na Axencia)”.

·        Dos tres postos que estaban abertos a outras administracións, só quedaría un, pasando os outros dos de A11 a AXG.

·        Retíranse os méritos nos postos de Xefatura de Sección de Fomento de Empresas II, Xefatura Sección Turismo I e  Xefatura Sección Turismo II

·        Modifícase a adscrición do posto de Xefatura de  área de calidade e proxectos europeos que pasa de Xeral/Especial a Xeral.

·        No posto de Xefatura de Área de apoio xurídico e lexislativo , PX.A20.00.002.15770.030, cámbiase o subgrupo, pasando de A1-A2 a A1, e o mérito de licenciatura en dereito (501) pasa a ser titulación académica requirida (2062)

·        No posto de Xefatura de Área de obras e mantemento,  PX.A20.00.002.15770.050, cámbiase o subgrupo, pasando de A1-A2 a A1 e engádese titulación académica requirida (2804: Arquitecto / Enxeñeiro).

·        No posto PX.A20.00.002.15770.052, Xefe sección supervisión técnico-turística, cámbiase a titulación que figura para o posto (3015: Arquitectura superior ou técnica) por 2804-3800: Arquitectura/Enxeñería; Arquitectura técnica/Enxeñería técnica.

·        Respecto ós cambios de denominación de dous postos de persoal laboral que foran comunicados na reunión do 8 de maio, quedará finalmente reducido a un só cambio: o posto IC.C99.10.000.36001.330 -Limpador/a- pasa a ser PX.A29.10.000.36001.100 -Persoal servizos xerais-. Este cambio prodúcese previa solicitude do traballador, dentro do mesmo grupo e categoría profesional, axustando a denominación ás tarefas reais do traballador. O outro cambio non puido realizarse pola oposición expresa da traballadora afectada.

·        Dos 25 postos que figuraban inicialmente como postos de libre designación, redúcese a 8. Destes hai tres contemplados como postos de LD na Lei do emprego público de Galicia: dous son niveis 30 e outro é unha secretaría de director. Os outros 5 que permanecen con forma de provisión LD son as catro xefaturas de área territoriais e a xefatura de área de inspección de servizos centrais. No caso das xefaturas de área territoriais a motivación para a permanencia desta forma de provisión indicada na memoria da RPT é “Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio da autoridade administrativa” e no caso da xefatura de área de inspección “Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade administrativa da Xunta de Galicia (a dirección da inspección na Axencia)”.

·        Dos tres postos que estaban abertos a outras administracións, só quedaría un, pasando os outros dos de A11 a AXG.

·        Retíranse os méritos nos postos de Xefatura de Sección de Fomento de Empresas II, Xefatura Sección Turismo I e  Xefatura Sección Turismo II

·        Modifícase a adscrición do posto de Xefatura de  área de calidade e proxectos europeos que pasa de Xeral/Especial a Xeral.

A documentación que se achega é a seguinte:

-      1. Memoria funcional

-      2. Memoria económica

-      3. Anexo I á memoria económica

-      4. Anexo II á memoria económica

-      5.1. Listado de equivalencias de persoal funcionario, laboral e directivo

-      5.2. Listado sen equivalencias

-      5.3. Listado postos amortizados

-      6. Acordo sobre as condicións especiais de traballo do persoal das oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia.

-      7. Modelo aceptación Acordo

-      8. Acta da xuntanza de negociación coas Organizacións Sindicais de data oito de maio.

-      9. Acordo paso postos Cons. Cultura, S. X. para o Turismo e S. S. Da Presidencia

-      10. Comunicación e recibín cambio subcategoría persoal laboral

-      11. Sentencia xudicial firme xustificativa cambio grupo persoal laboral.

(desta documentación quitáronse os documentos 10 e 11 por conter información de carácter persoal)

Ningún comentario:

Publicar un comentario