martes, 16 de xuño de 2015

Convocatorias no DOG de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna A1, A2, C1 e C2

No DOG do 18 de xuño previsiblemente publicarán as convocatorias dos catro subgrupos de promoción interna e acceso libre: A1, A2, C2 e C1

Nas 8 convocatorias a data de realización do primeiro exercicio "non será antes do 16 de xaneiro do 2016" 


ACTUALIZACIÓN: tal e como anunciábamos, no DOG do 18 de xuño xa podedes atopar as convocatorias destes procesos. Ollo ao prazo de 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación para a presentación de solicitudes.

Por certo, o do director de Función Pública é vergoñento: pon todas as dificultades do mundo ao persoal para unha promoción interna obxectiva e transparencte e logo mandan un masivo anunciándolle ao persoal que hai convocatorias de promo interna e mesmo de libre con quenda de promo interna. 

O luns, 15 de xuño, aprobáronse as convocatorias de acceso libre aos subgrupos A1, A2, C1 e C2 de corpos xerais sen apenas cambios coma xa se anunciou na Mesa Xeral do 9 de xuño. O voto das catro centrais sindicais foi en contra.

As convocatorias da promoción interna aprobáronse na Comisión de Persoal do martes, 16 de xuño. Previamente tamén houbo unha reunión co director xeral da Función Pública para ver de meter novos cambios nos borradores da promoción interna. Estes cambios remitíronnos unhas horas antes da Comisión de Persoal e pouco antes da reunión. Posteriormente na Comisión, aprobáronse os borradores unilateralmente por parte da Administración, inlcluíndo estas últimos cambios en varios textos normativos, despois que algunha que outra amenaza de denuncia xudicial.

A reunión previa foi case tan bronca como o final da Comisión de Persoal motivado pola seguinte denuncia, que acabou ameazando o director de denunciarnos polo penal pero sen poñer enriba da mesa as alegacións presentadas pola dita asociación.

O que pide o persoal funcionario maioritariamente é transparencia (temarios acotados, públicos e vinculantes, nomeadamente, textos normativos que é co que se traballa nas Administracións, notas de corte na convocatoria..) e obxectividade (exercicios tipo test) no desenvolvemento dos procesos selectivos, a parte da lóxica refrendada pola lei de emprego público de non pedir coñecementos que xa foron acreditados no subgrupo inferior. Porén, mínima obxecitivade nos subgrupos que finalmente teñen exercicio tipo test, escasa transparencia e pouca lóxica no que se pide.

Ningún comentario:

Publicar un comentario