martes, 7 de xullo de 2015

Comisións, prórrogas e adscricións de persoal funcionario en xuño de 2015

Continúa o mercado negro fervendo cando temos o mercado legal do concurso en marcha, sen que o director de Función Pública faga nada para que as comisións de servizo se concedan baixo criterios obxectivos e se publiquen as persoas concurrentes e a súa puntuación no proceso.

Consonte ao artigo 96.3 da Lei de emprego público os requisitos, a duración e o procedemento para a concesión das comisións de servizos determinarase regulamentariamente. Actulamente só existen dúas resolucións de Función Pública co carácter xurídico de instrucións internas e claramente insuficientes. 

En xuño o ritmo é o habitual destes últimos meses, cunhas 48 comisións novas, 124 prórrogas (segue habendo un alto número, presuntamente pola convocatoria do concurso xa que se adoitan a prorrogar até a súa resolución) mais 3 adscricións e 2 revogacións. Descargar arquivo

Con respecto á calidade do produto temos, como novas comisións, dez prazas de nível 25 e 11 de nível 18. Así mesmo, tamén aparecen 6 xefaturas de servizo e subdirecccións. No apartado de prórrogas temos renovacións de 28 niveis 25, 35 niveis 18 e tamén renovan a 5 xefaturas de servizo, a maioría destas últimos levan ben pasado o ano máximo que permiten as instrucións, conservando así irregulamente a súa praza de orixe* 


*Estes incumprimentos son vixiados desde os Servizos Centrais polo grupo de traballo correspondente da Xunta de Persoal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario