luns, 6 de xullo de 2015

Mesa Xeral para martes, 7 de xullo, e outra información de Función Pública

O xoves, 2 de xullo, houbo unha reunión co director xeral da Función Pública no que informou dos puntos dunha vindeira convocatoria de Mesa Xeral para o 7 de xullo e máis doutros asuntos de trámite (temarios, procesos de integración, oposcións de Turismo, contratacións oficinas de emprego, criterios cobertura postos LD e concursos varios)

Na Mesa Xeral irán os seguintes temas:
  • RPT Axencia Turismo
  • RPT Traballo (da parte de persoal laboral): contan que vaia ao Consello da Xunta do día 16 de xullo
  • RPT Axencia de Infraestruturas
  • Decreto da Axencia de Sangue e Tecidos
  • Modificación das instrucións de permisos, vacacións e licenzas: non ve necesario un adiamento (recordamos que o prazo de finalización de alegacións é o día antes da mesa xeral); di que se trata dunha adaptación á lei e recoñece que pode haber discrepancias en algún punto pero que se poden solventar na mesa xeral. Está disposto a non levalo inmediatamente á Comisión de Persoal, pero neste mes vai quedar aprobado.
  • Decreto para Investigadores/as Cualificados/as: é algo novedoso, trátase dunha bolsa da UE de 2 ou 3 millóns de euros que se utilizará para a contratación de 2 ou 3 persoas investigadoras cualificadas por ano. Informarán máis polo miúdo.
O luns 6 de xullo habrá unha xuntanza previa para falar de todos estes temas.

Outras informacións:


  • As alegacións aos temarios de persoal veterinario amplíanse ata o venres 10 de xullo.
  • Publicación de temarios pola EGAP: de procesos selectivos xa convocados están en elaboración e vanse publicar na páxina da EGAP pero non da datas e só aclara que estes non serán vinculantes.
  • Os procesos de integración da Axencia Humanitaria de Galicia e a Fundación Galicia Emigración están case rematados. O dos Xestures está paralizado porque a documentación achegada pola Administración está incompleta e a comisión de valoración solicitou máis documentación. No proceso do IET faltan por nomear os representantes da administración na comisión de valoración.
  • Oposicións de Turismo: Defende  que non é a primeira vez que non se cubre o 50 % das prazas, di que xa aconteceu anteriormente en 4 ou 5 oposicións.
  • Contratación por 12 meses de 70 persoas posto base subgrupo A2 nivel 16 como persoal técnico para as oficinas de emprego. O chamamento será inminente a través das listas do A2 e non precisarán titulación específica ninguna. O reparto por provincias é: A Coruña (21), Lugo (13), Ourense (12) e Pontevedra (24)
  • Criterios de cobertura de LDs: dada a nova modificación na cobertura de postos por este sistema están traballando nuns criterios para que cumpran todas as consellarías.
  • Concurso de corpos xerais: en canto á participación do persoal integrado doutras administracións, ampárase en que os requisitos para participar no concurso hai que telos ao final do prazo da convocatoria (como indicaba tamén a anterior lexislación), polo que entende que o persoal integrado ten dereito a participar.
  • Concurso de traslados do persoal da lei 17: tiveron problemas co buzón de postos, van falar con Sanidade, contan con que saia en setembro.
  • Concursos de persoal veterinario e de estatístico: convocarano en setembro-outubro.
  • Concurso de persoal laboral: pendente da reestruturación de categorías, da que este mes haberá algunha xuntanza. Falan do mes de setembro-outubro para empezar a negociar.
  • Concurso de corpos especiais: en setembro-outubro iniciarán a negociación.
  • Decreto de listas: esta semana ou a vindeira enviarán un proxecto de modificación do Decreto de listas, no que contemplan o caso das contratacións inferiores á xornada ordinaria. (actualización 07/07/2015)

Ningún comentario:

Publicar un comentario