xoves, 16 de xullo de 2015

Temarios da EGAP das oposicións: nin vinculan nin forman

Anunciaba o director xeral da Función Pública na última Comisión de Persoal, do 10 de xullo, que os termarios das últimas oposicións convocadas pola Xunta ían ser publicados en cuestión de 15 días. O caso é que ese mesmo día a EGAP xa publicaba na súa web os primeiros temarios da promoción interna, os que corresponden a temas puramente lexislativos.

Os temarios abertos (1º exercicio A2 e 3º exercicio A1) que son os que requiren máis elaboración, terán que agardar ata setembro. Non temos constancia de cando tardarán en chegar os temarios abertos dos procesos de acceso libre, nos que todos os primeiros exercicios son sobre temarios abertos.

En calquera caso, xa aclarou o director xeral e aclara de novo a propia EGAP que os temarios non terán carácter vinculante para os opositores o o tribunal. Isto non supón un problema para os temarios lexislativos, que son un corta e pega de textos consolidados e non supón dificultade conseguilos. O problema é para os temarios abertos (que non son textos normativos) e sobre todo para o caso do A2 que afecta xa ao primeiro exercicio e aínda tardará en chegar.

O lóxico, se queren seleccionar "aos mellores", sería saber sobre os aspectos concretos sobre os que te vas examinar, sexan estes de maior ou menor extensión ou de maior ou menor dificultade. E para iso é necesario que os temarios xenéricos (os que non son textos normativos), sexan publicados oficialmente e as convoatorias establezan a súa vinculación para opositores e tribunais. Senón, o que hai aquí é indefensión e arbitrariedade.

Demandamos tamén que a EGAP sexa unha vedadeira escola de formación, onde o persoal público poida formarse tamén para preparar a promoción interna de xeito gratuíto, ou mesmo onde acreditar oficialmente o coñecemento dunha serie de temas ou módulos sexa suficiente para promocionar internamente. O que queren non é xente con coñcementos e/ou capacidades, queren controlar os procesos todo o que poidan (co nomeamento político do tribunal, cos temarios abertos, con probas de corrección subxectiva, sen publicar as plantillas do exercicios de desenvolver, sen notas de corte...).

Acceso aos temarios



Ningún comentario:

Publicar un comentario