venres, 25 de setembro de 2015

Formación EGAP: cursos de autoformación e inscrición en probas de avaliación, cursos con prazas vacantes e actualización temarios de promoción interna

A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 25 de xuño o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

As empregadas e empregados públicos que desexen participar no programa de autoformación dipoñen de dúas opcións: 1) facer as probas de avaliación e 2) acceder aos contidos

As probas de avaliación

Como parte deste programa a EGAP ofrece a posibilidade de acreditar os coñecementos adquiridos. Por este motivo convócanse 1800 prazas para probas presenciais que darán dereito a certificados de equivalencia. Para poder acceder a elas será preciso ata as 14 horas do 30 de setembro a través da Zona de matrícula.

O acceso aos contidos

En total, poranse en marcha 16 cursos nos que calquera traballador da Administración autonómica se poderá matricular automaticamente ata o 30 de decembro a través da Zona de matrícula. Así, cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar nelas. Neste caso a admisión á actividade é un proceso automático.

As probas de avaliación e o acceso aos contidos son compatibles entre si pero independentes unha da outra. Por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra poden solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco requisito para matricularse nelas.

Máis información

En formación EGAP, tamén che pode interesar:

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario