xoves, 17 de setembro de 2015

Cronograma de devolución dos dereitos laborais roubados presentado pola Xunta para o seu persoal

https://drive.google.com/file/d/0B1evwCG_jwK2NmpVbDJpQm1uTWs/view?usp=sharingEntre a reunión co conselleiro do luns, 14 de setembro, e a Mesa Xeral do 15, esto foi o que nos comunicou a Xunta das súas intencións programáticas actuais para a devolución dos nosos dereitos laborais detraídos. Todo isto a teor da aprobación do RD-lei 10/2015 polo Consello de Ministros o venres 11 de setembro (BOE 12/09/2015). 

PAGA EXTRA 2012 
  • 26,23% (48 días) pagamento previsiblemente en novembro de 2015
  • 50% pendente: abrirán negociacións nas vindeiras semanas para metelo no Orzamento de 2016 e abonalo, se for posible, no primeiro trimestre 2016 
COMPLEMENTO ESPECÍFICO (OU EQUIVALENTE) NAS PAGAS EXTRAS
2017 a expensas da evolución da economía (Non especifican de que cifras nin parámetros económicos falan) (NO ESTADO NON LLO QUITARON)

MOSCOSOS (CARÁCTER BÁSICO)
1 día adicional con efectos inmediatos

CANOSOS (1) E DÍAS ADICIONAIS POR VACACIÓNS (2)
En breve abrirán mesa de negociación (non deixan claro que nos vaian aplicar os mesmos ca no ESTADO). Móstrase abertos a ampliar o gozo dos que correspondan este ano ata marzo-abril do 2016

(1) As Administracións públicas poderán establecerse ata 2 días adicionais ao cumprir o 6º trienio, incrementándose, como máximo, en 1 día adicional por cada trienio cumprido a partir do 8º. Na Administración Xeral do Estado xa é de aplicación inmediata. V.: RD-lei 10/2015 (BOE 12/09/2015)
(2) Cada Administración poderá establecer ata un máximo de 4 días adicionais de vacacións. Na Administración Xeral do Estado terase dereito a 23 días de vacacións ao ano aos 15 anos de servizo; a 24 días aos 20 anos, a 25 días aos 25 anos e a 26 días aos 30 anos de servizo. V: Ídem


Ningún comentario:

Publicar un comentario