mércores, 2 de setembro de 2015

Denuncian a “incompetencia e a mala xestión” da Consellería do Medio Rural na loita contra os incendios forestais

NOTA DE PRENSA DA CIG-AUTONÓMICA OURENSE 

 

Dende a CIG queremos denunciar  a incompetencia e mala xestión que dende a consellería do medio rural se fai respecto da xestión dos lumes forestais.

 

É especialmente grave o caso do mantemento e actual estado das autobombas, onde a Xunta conta con medios máis que obsoletos, vehículos nalgún caso con máis de 20 anos de uso e que en boa parte deles non contan co mecanismo de alta presión. Xa van varios casos onde a vida dos conductores de autobomba correu serio perigo.

Tamén van suficientes intoxicados por inhalación de fume como para que a xunta tome medidas urxentes e dote @s traballador@s de mascarillas con filtros aptos para o monoxido de carbono, dióxido de carbono, amoníaco; sustancias que se emanan da ombustión do incendio forestal.

Lumes como os que se produciron nesta fin de seman en Cualedro, non veñen máis que confirmar o que dende a CIG levamos denunciando dende comezos de ano, a nula política de prevención unida a un ano seco anunciaban un verán moi perigoso no que a lumes se refire.

A maiores o cambio de combustible polo abandono das terras  e a proximidade do monte ás casas, están facendo deste verán do 2015 un verán con demasiados riscos ó patrimonio forestal, ós pobos e veciños, e ós traballadores do servizo de extinción de incendios pola precariadade dos medios que utilizan.

Asemesmo consideramos que a Xunta está mentindo no número de hectáreas queimadas como ven sendo habitual coa fin de agochar a verdadeira realidade que nos está asolando na provincia de Ourense.

Por todo isto, por a incompetencia e neglixencia na xestión do monte galego e por non facer nada diante do que se vía vir, esiximos a dimisión da Conselleira do medio rural e do secretario xeral de medio rural e  montes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario