xoves, 17 de setembro de 2015

Quedan 19 días para deter o TTIP: estamos a piques de chegar aos 3 millóns de sinaturas

Asina a inciativa cidadán europea contra o TTIP e en defensa dos nosos dereitos laborais, sanitarios e medioambientais.


Mentres que en Europa se vive unha división fronte á crise dos refuxiados, o noso movemento europeo contra o TTIP e CETA crece e gana en forza. Xa 2.780.000 persoas apoiaron a iniciativa da cidadanía europea (ECI), dentro dos cales 700 cidades e rexións que se auto proclaman zonas libres de TTIP e recentemente unha rede de pequenas e grandes empresas emerxeron sostendo a nosa resistencia. Xunt@s, farémonos oír nas rúas novamente, o 10 de outubro, en Berlín, Ámsterdam, Londres, Paris, Oslo e moitos outros lugares en Europa. Neste lazo, atopase o mapa dos diferentes eventos e sitios para este día de acción internacional.

Pero estaría realmente xenial se ata o final da nosa ECI, para o 6 de outubro, pudiesemos coleccionar tantas firmas posibles. Con só 220.000 firmas que faltan achegámonos moito á marca de 3 millóns, pero soamente quedan 19 días. Moitas persoas comprometéronse a conseguir 5, 10 ou mesmo ata 50 firmas ata o 6 de outubro. Fai tamén ti unha afirmación de colleita de firmas. En canto teñas enchido o formulario, dámosche unhas ideas e pistas para saber como convencer ás persoas para que asinen.

A continuación irase a Bruxelas con moitísimas firmas na equipaxe e celebraremos o exitoso fin da nosa ECI. Este é un logro común de toda a cidadanía europea. O 7 de outubro nunha gran acción presentaranse as sinaturas á Comisión Europea en Bruxelas. Punto de encontro na rotonda da estación de metro Schuman ás 10:30 (Posibles cambios publícanse no evento FB). Desde alí irase ata o edificio da Comisión para concluír con moita forza a ECI e para lanzar a Semana Internacional de Acción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario