luns, 22 de febreiro de 2016

8.486 persoas coa flexibilidade mais só 112 co teletraballo

A Administración remítenos os datos acumulados das flexibilidades horarias e do teletraballo con relación á data de 31 de xaneiro.

Este mes destacou sobre todo polo aumento de novas resolucións aprobadas para o teletraballo (19), a maioría (16) nos servizos centrais, sendo un dos aumentos máis destacables desde os inicios destas modalidades de réxime horario. Non houbo denegacións. Este aumento corresponde ao desbloqueo das reiteradas e pouco argumentadas denegacións para o persoal que realiza tarefas informáticas que se tratou nesta reunión.

De todos os xeitos, o datos totais do teletraballo (112), tres anos despois da súa implantación só se poden cualificar como de fracaso, tendo en conta as estimacións inciais da propia Aministración de máis de 2.000 potenciais persoas beneficiadas.


As resolucións de flexibilidade seguen co seu aumento lixeiro e seguen a destacar sobre todo nos serivzos periféricos. Pola súa excepcionalidade, chama tamén a atención que desta volta houbo unha resolución denegatoria de flexibilidade familiar nun posto de ATS/DUE de servizos periféricos, elevando a cifra a 13 negativas fronte as 999 positivas. No réxime de flexiblidade xeral non houbo denegacións.

DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
31 XANEIRO 2016 (comparativa cos datos a 31 de decembro de 2015)
Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
7.487 (+44)
2.883 (+6)
4604 (+38)
Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
999 (+11)
396 (+7)
603 (+4)
TELETRABALLO
APROBADAS*
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
112 (+19)
83 (+16)
29 (+3)
 *incluídas tamén as prorrogas
 

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario