luns, 14 de marzo de 2016

A Xunta desatende o risco de cancro por radón nos seus edificios por aforrarse entre 80€ e 230€

Corredor dos sotos de San Caetano
Reiteradamente négase a medir os niveis de radón nos servizos centrais. O custo destas medidas oscila entre 40 € e 230 € segundo a intensidade da medida.

 

Estudos científicos relacionan o radón co cancro de pulmón. Todo o noso país está exposto a altos niveis deste gas. Algúns estudos cifran no 25% o total de casos de cancro de pulmón detrás dos que se atopa este gas.


Segundo un estudio cientifico da Universidade de Santiago de Compostela “O radón é un gas noble, radiactivo, que procede do radio.”...”a verdadeira trascendencia para a saúde das personas xa que se revelou como un factor de risco de cancro broncopulmonar, supoñendo máis do 80% de todo o radón ambiental e arredor do 50% de toda a radiación que recibe o ser humano durante a súa vida”. “Caracterízase por ser incoloro, inodoro, insípido e invisible, máis pesado que o ar e soluble en augua e outros liquidos”....”concentrado a níveis extremadamente altos de certas zonas, como exposición de risco para o cancro de pulmón” “para a área de Santiago, a exposición continuada ao radón supón, cos criterios da EPA americana, un impacto na población..." “Santiago de Compostela clasifícase como zona de alto risco".

Con este informe, completo, un delegado de prevenzon da CIG levouno ao Comite de prevenzon de Servizos Centrais, para que se medira os niveis deste gas nas oficinas de Servizos Centrais da Xunta de Galicia, non se fixo nen caso por parte da Xunta de Galicia e menos por parte da Mutua (MUGRATA) encargada de velar pola saúde dos traballadores, a cambio duns bos honorarios que lle paga a Xunta. O caso é que a Mutua sostén que como "non hai indicios de que haxa elevados niveis de radón nos servizos centrais" que xa non merece a pena medilo. E como vai haber indicios dun gas invisible e que non cheira!? Se nunca se mide, non poderemos medir o risco real.

Na derradeira reunión do comite de prevenzon de Servizos Centrais, volveu a insistir o mesmo delegado de prevenzos da CIG con este punto, xa que un xornal de ambito Galego saca unha nova decindo “O gas que mata un galego cada día”, este gas non é outro segundo esta nova que o radón. Os representante da Xunta de Galicia din desta volta que é moi caro facer medición!!!, e o representante de MUGRATA di que non hai datos contrastados de que "os cancros que sofren os traballadores da Xunta teñan relación con este gas". Tamen din que non se pode facer un estudo senón hai indicios razonables da súa existencia (outra vez) e que as novas dos xornais non son documentos cientificos.

Que non hai datos contrastados!? Remitinos aos estudos da Universidade de Santiago de Compostela, que eses si que son estudos cientificos, eses que din que Santiago é zona de alto risco e un 9% dos cánceres de pulmón son causados polo Radón. Tamén achegamos cadro de tarifas do laboratorio oficial que demostra que vale entre 80 e 230 facer a medición. E tamén comentamos que xa o Consello Galego de Relacións Laborais fixo a medición e tivo que facer obras por darlle por riba do permitido... igual é por iso, porque presume que dará alto sobre todo nos sotos e niveles baixos e terán que facer obra.

Os datos obxectivos puxémolos enriba da mesa, o resto son disculpas sen argumentos e se non se fai un estudo nunca vai haber datos cos que previr. A USC xa o fixo e di que a zona de Santiago e a sua comarca é unha das zonas de máis algo risco. Xa “botarlle de comer aparte” é que teñen que estudar que significa a palabra prevenzón do comité de prevenzón de seguridade e saúde laboral, tratar de evitar un dano ou perigo, e precisamente para previr hai que facer medicións.

Nós témolo claro, pero a Xunta de Galicia e MUGRATA parece que non, neste comite de prevenzon só se solicitaba unha medición dos sotos e dos baixos das oficiñas da Xunta de Galicia na comarca de Compostela que teñan traballadores. Isto é para saber si estan dentro do limite permitido ou por riba del e teñen que implementar medidas correctoras con relación á ventilación.

Tamén decir aquí que onde fixeron a medicion foi no Consello Galego de Relacións Laborais e deulle a medición varias veces por riba do máximo permitido e fixeron as reformas oportunas para evitar a acumulacións deste gas, que é simpremente un sistemas de ventilación e iso que o edificio en que esta este Consello está catalogado como BIC.

Desde o derradeiro comité de prevenzon que foi a finais do ano 2015 ata hoxe sairon varias noticias relevantes en relación a este tema, unha delas “Alerta na Universidade da Coruña por altos niveis de gas radón”. Os medidores detectaron concentracións moi elevadas no andar -1 do edificio das facultades de Socioloxía e Ciencias da Comuinicación, con niveis seis veces mais altos do aconsellado. Nos últimos tempos, varios traballdores desta facultades sofreron diversos tipos de cancro. Tamén acompañan un mapa de Estado Español máis expostas ao gas radón, donde se pode ver claramente a Galiza como unha das que resalta segundo fontes da UNED. Tamén se fixo eco La Voz de Galicia, decicándolle unha nova e unhta entrevista onde José L. Calvo comenta que actualmente: “sólo la UDC y dos empresan miden el radón de sus edificios”; estas dos empresas son Navantia y Alcoa.

Por desgraza a Xunta de Galicia non esta por esta labor de avanzar polo camiño da prevención; aquí os comités de prevenzón basicamente están de adorno porque a lei lle obliga a telos, que se non nin os terían. Dende o noso punto de vista ou de calquer outra persoal neutral que lea este artigo darase conta que os traballadores non lle importamos á empresa Xunta de Galicia e menos á Mutua namentres traballemos sen protestar e á mútua lle paguen ben dos nosos impostos por non facer o seu traballo, ficarán calados. Os que non podemos ficar calados somos os delegados e os traballadores. Como consello, si traballades nun soto ou nun baixo, ventilade durante un bo rato todos os días aínda que sexa inverno e cortén a calefacción ás 12 da maña... pero esa é outra historia.

Tarifas actualizadas de medición do Laboratorio de Radón de Galiza
 
Descargar documentación adicional

2 comentarios:

  1. Como se nota que os altos cargos (como dí o seu nome) non traballan nos sotos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fora mítica vai anos a caida de María José Caride (ex conselleira da COTOP) á entrada da consellaría. Desde o Comité denunciáramos reiteradamente que esa entrada era un perigo (resvalaran e cairán varios funcionarios). Porén non fixeron nada ata que caiu a conselleira. E o que fixeron non era tan caro: poñer un felpudo deses alargados; logo trataron a superficie e quitaron o felpudo. O problema do radón é que non se ve (ainda que si se mide) e os seus efectos non son inmediatos aínda que si moito peores.

      Eliminar