venres, 18 de marzo de 2016

Proposta dunha Comisión de seguimento das Instrucións de vacacións, permisos e licenzas con escasas ou nulas funcións

No DOG de 4 de marzo publicáronse as nosas Instrucións de vacacións, permisos e licenzas, iso si, depois de ser publicadas pola prensa; que é algo de interese capital para o país. En calquera caso, cando foi da súa aprobación, puxo a Administración enriba da mesa a creación dunha comisión de seguimento para "interpretar" os posibles desacordos na súa aplicación, vía xudicial a parte, faltaría máis, que ofrece moitas máis garantías.

Agardamos que esta comisión teña máis percorrido ca da Xornada e horario de traballo, Flexibilidade e Teletraballo. En todo caso, vendo as súas escasas competencias, auguramos que non vai ser así, xa que o único que pode facer é unha "nova proposta de interpretación" que se dirixirá á Dirección Xeral da Función Pública para a súa simple "toma en consideración".

E iso que é un órgano paritario onde xa está representada, entre outros órganos, a propia Dirección Xeral da Función Pública. Debería ter capacidade interpretativa como a ten por exemplo a comisión paritaria dun convenio colectivo, sen prexuízo das ulteriores impugnacións normativamente establecidas, máxime tendo en conta que estas son unhas instrucións de aplicación tamén para o persoal público que se rexe pola lexislación laboral.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario