luns, 11 de abril de 2016

Despéxase a incógnita das datas dos exames de promoción interna, concurso antes do verán e outras cuestións de Función Pública

Na Comisión de Persoal da semana pasada adiantou o director xeral da Función Pública que esta semana (do 11 ao 15 de abril) se publicarían as datas dos exames de promoción interna. Recordamos que levan xa 2 meses sen cambiar de data e asegurando que serían en maio. A ver...

Por outra banda, son fortes os ruxe-ruxe que falan de que as persoas designadas para os tribunais xa están escollidas e en breve deberían saír nomeados no DOG; disto oficialmente o director non comentou nada.

Outras cuestións  de Función Pública

Exames acceso libre: manteñen a previsión para xuño

Publicación temarios pendentes (promoción interna, acceso libre): tamén nesta semana estarán todos os temados actualizados cos últimos cambios publicados en novembro; non era sen tempo... cos exames xa aí enriba.

Procesos selectivos corpos especiais 2015: a toma de posesión definitiva será entre abril e maio.

Concurso corpos xerais: a pesar que falta todo o traballo de análise das reclamacións na comisión de valoración, mantén a previsión da toma de posesión de antes do verán. Ningunha referencia a unha suposta listaxe oficiosa que anda a circular coas adxudicacións provisionais. En todo caso, houbo neste concurso algo máis de oferta de postos e menos participantes, co que a cotización dos negociados e as seccións debera baixar respecto do último concurso (ver Boletín).

Concurso persoal laboral grupos IV e V: mandarán proposta de bases ao longo do mes de abril.Nada do concurso permanente...

RPT Agadic: xuntanza esta semana e irá a Mesa Xeral neste mes de abril.

RPT persoal funcionario non docente Educación: convocarán xsuntanza esta semana.

Decreto de listas (modificación): que para esta semana mandarán documentación para iniciar a negociación (a ver se desta vai á vencida).

Comisión de seguimento do acordo do persoal veterinario: "intentarán convocala o antes posible..."

Bombeiros/as forestais: "están traballando no tema" e haberá xuntanza no mes de abril. O informe da Función Pública prevese negativo porque valoran custo económico da creación da categoría ao ser necesario incrementar as bases de cotización.

Persoal de Inspección Farmacéutica: descartado por Orzamentos o incremento dos niveis este ano.

Adscrición por motivos de saúde: está enriba da mesa o debate da creación de procedemento específico para adscribir ao persoal non apto para desenvolver o seu posto que non derive dunha incapacidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario