luns, 25 de abril de 2016

É necesaria unha modificación da orde de xornada laboral, flexiblidade e teletraballo

Actualmente hai 8.679 persoas na Xunta con horario flexible mais só 140 con algunha xornada a semana con teletraballo.

A Administración remítenos os datos acumulados das flexibilidades horarias e do teletraballo con relación á data de 31 de marzo. Este último mes volveu aumentar un 10% de xeito relativo o número de persoas con teletraballo mais os datos globais son realmente malos: só 140 persoas, duhas potencias 2.000 das que falaba incialmente o goberno, teñen esta modalidade de traballo nalgunha xornada. A flexibilidade sigue estancándose e non ten moito máis percorrido. En ambos os casos é necesaria unha modificación das condicións inicialmente formuladas para potenciar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

O teletraballo aumenta este mes en postos relacionados en tarefas informáticas e consolídase en postos de asesoría xurídica ou relacionados coa elaboracións de informe; tamén en algúns de inspección. A pesar do cal houbo unha denegación de solicitude de teletraballo para un posto de operador/a de odenador en servizos periféricos. Na flexiblidade non houbo denegacións.

Xa leva en marcha a orde que regulamenta a flexibilidade e teletraballo desde 2013 e os números do teletraballo están pedindo unha reforma que facilite a implantación real desta modalidade de xornada laboral. Por outra banda, a flexibilidade estase estancando e sería hora de mirar a ampliación a outros colectivos onde non chega e por suposto modificacións que faciliten a conciliación alí onde xa está implantada: recordamos o absurdo actual de non permitir traballar os venres pola tarde ou a limitación ás 18.30 h do horario de referencia en centros que non son edificios administrativos. Máis propostas de mellora.


DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
  31 MARZO 2016
Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
7.649 (+95)
2.926 (+12)
4.723 (+83)
Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
1.030 (+19)
411 (+10)
619 (+9)
TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
140 (+16)
109 (+14)
31 (+2)

Ningún comentario:

Publicar un comentario