luns, 25 de abril de 2016

Máis de 350 comisións de servizo entre febreiro e marzo do 2016

Nos meses de febreiro e marzo pasados, no ámbito da Xunta de Galiza, concedéronse un total de 125 novas comisións de servizo e prorrogáronse 231, así mesmo, tamén se concederon 20 novas adscricións provisionais.

Nestes dous meses produciuse un incremento considerable, xa que pasamos de 114 novas concesións (a suma de comisións de servizo e adscricións provisionais) nos dous meses anteriores a 145. Con respecto ás prórrogas realizadas, no perído anterior de decembro de 2015 e xaneiro de 2016 concedéronse un total 152, no entanto nos meses de febreiro e marzo deste ano renováronse 231. Ou sexa, un repunte importante, cando menos no tema das novas concesións. O aumento das prórrogas hai que achacalo, cando menos en parte, á falla de resolución do concurso.

Seguimos reclamando, dende a CIG, como levamos facendo dende hai anos, un concurso permanente, que minimice o máximo posible esta forma temporal de provisión de postos que ao final se converte en case defintiva dada as frecuencias dos concursos. O que non temos claro aínda, a pesar de certas intencións manifestadas, é que á propia Administración lle interese avanzar nesta cuestión e iso que con ela se evitarían os saltos multitudinarios de persoas entre unidades e se favorecería a boa marcha dos servizos.

Co que si imos estar vixiantes, porque xa pasou noutras ocasións e non queremos que se repita, é en que non se utilice o concurso de traslados para apalancar dúas prazas, “a que pido e a que me dan, ou a que teño en LD” ou mesmo á utilización das comisións de servizo cruzadas. Hai uns cantos subdirectores/as e xefes/as de servizo que concursan polo que pregámoslles tanto a estas persoas, coma á propia Función Pública, que non se fagan certos xogos para facer unha fase B do concurso ou perverter de xeito grave a convocatoria, prexudicando a todo o persoal que participa con nada máis que coas reglas de xogo que están nas bases e coa relación de prazas ofertadas.

Con respecto á calidade das prazas en comisión concedidas ou prorrogadas estes dous meses (nos que non se produciu ningunha revogación) temos os seguintes datos:



Nível 18
Nível 25
Nível 28
Subdirección
TOTAL*
Novas Comisións
26
27
26
8
125
Prórrogas
56
57
14
1
231
Adscricións
1
3
10
3
20

* Inclúe as de todos os níveis.

Á vista destes datos temos que deixar claro que nos parece un escándalo que haxa subdirectores/as que sexan nomeados en comisión e se pasen anos apalancando dúas prazas. Eue se fagan prórrogas "sine die" desta situación é unha burla á escasa regulamentación desta situación que fala de 6+ 6 meses. Xa a nova Lei de emprego público prevé unha situación de privilexio para este persoal para vindeiros concursos, que non teñan tanta présa...O dito, agardemos á pronta resolución do concurso para que se estabilice algo, cando menos, esta provisionalidade crónica e sumamente clientelar que temos nesta Administración.

CONCURSO PERMANENTE, XA!


Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario