luns, 4 de abril de 2016

Publicado no DOG o anuncio de recuperación do 50% daquela paga extra de Nadal de 2012 (25% en abril e 25% en setembro)

Especial atención as persoas que xa non traballan na Xunta que deberán solicitar a devolución a instancia de parte para cada un dos dous aboamentos (en abril e setembro).

Esta fin de semana o anuncio de que Feijóo repite (non hai 2 sen 3) e o luns, o anuncio no DOG da recuperación da paga extra 2012; o enésimo anuncio sobre esta paga extra, en realidade, como se houbesen de recordar 50 veces que "fixeron os deberes" cando na realidade os deberes fixémolos nós, en todo caso. Nada de devolver o que recoñece a Xustiza no 2013.

No DOG do 4 de abril publícase o anuncio do procedemento para a recuperación do importe non pagado da paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 de acordo co disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

A dita recuperación realizarase en dúas partes:

– No mes de abril aboarase o 25,14 %, que se corresponde coa parte proporcional correspondente a 46 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012. Naqueles casos nos que non procedese o recoñecemento da totalidade da paga extraordinaria e adicional, os referidos 46 días reduciranse proporcionalmente ao cómputo de días que correspondesen.

– No mes de setembro aboarase a parte restante da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012 non recuperadas nos pagamentos anteriores.
Os importes correspondentes ás empregadas e empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de abril e setembro de 2016, respectivamente, e os correspondentes ás empregadas e empregados públicos que non se encontren en activo con anterioridade ao primeiro día dos mencionados meses de abril e setembro de 2016 serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude expresa presentada para cada un dos dous aboamentos ante ese órgano no modelo publicado no DOG.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario