mércores, 11 de maio de 2016

Informe sobre o abandono e precariedade nos centros de atención directa da Consellaría de Política social

Membros do Comité de Empresa de Política Social da Coruña, acompañados de Suso Seixo (Secretario Xeral da CIG), de  José Vázquez González (Secretario Nacional Sector Autonómica FSP-UGT Galicia) e membros doutros órganos de representación, en apoio, presentaron hoxe no rexistro xeral da Xunta de Galicia o INFORME SOBRE SITUACIÓN DOS CENTROS DE ATENCIÓN DIRECTA (Residencias de Maiores, Centros de Menores e CPAD da Coruña), de POLÍTICA SOCIAL NA PROVINCIA DA CORUÑA.

O Presidente do Comité de Empresa, José Manuel López Viqueira presentou un informe que detalla punto por punto as graves carencias que están a ter as Residencias da Terceira Idade, Centros de Menores e CAPD da Coruña. Nun informe recollido centro por centro e verificado polos representantes dos traballadores no Comité de Empresa.  Para Lopez Viqueira "a situación de deterioro e abandono destes centros ten chegado a unha situación alarmante e os recortes e non cobertura de postos de traballo amenazan a calidade das prestacións e o mantemento dos servizos básicos a prestar aos usuarios".  Asegurou que nestes centros falta de todo "dende fregaplatos que non funcionan e hai que lavar a louza a man ata falta de guindastres, arneses e baños xeriatricos".

O informe remitido hoxe ao conselleiro de política social, Rey Varela, demostra as condicións de sobreexplotación e perigosidade nas que esta a traballar o persoal laboral e as carencias de todo tipo que  se dan nestes centros de atención directa da provincia da Coruña.

O presidente do Comité, ´López Viqueira, afirmou que "o informe mostra a situación real e non a pompa e boato publicitario co que Nuñez Feijoo e Rey Varela adornan a neglixencia e a incuria coa que se xestionan os centros de atención directa de Política Social na provincia da Coruña".

Por último o Comité de Empresa solicita de Rey Varela que una vez coñecida e valorada a situación dos centros que se refiren no Informe, tome as medidas oportunos para solucionar a problemática e proceda a dotalos das infraestructuras, medios e persoal necesario para o seu funcionamento.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario