luns, 9 de maio de 2016

Parar a LOMCE e as reválidas: 11 de maio concentración en San Caetano

O mércores, 11 de maio, terá lugar unha concentración diante da Consellaría de Educación, data na que se incian as probas das reválidas en primaria.
 
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG, continúa na loita contra a LOMCE e vén de pór en marcha a campaña contra as reválidas para que as familias non envíen os seus fillos ou fillas a facer as probas xerais de primaria.

Ademais, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está a distribuír entre as familias un modelo de escrito dirixido ás direccións dos centros, para amosar o seu rexeitamento ás probas (achegamos o modelo).
 
A seguir detallamos as accións xa realizadas pola Plataforma:
  • Aprobacións nos claustros e consellos escolares de resolucións contra as reválidas para o seu envío á Consellaría.
  • Colocación de pancartas ou cartaces nos centros no lema “Nin LOMCE nin reválidas”.
  • Concentracións o 4 de maio pola tarde nas seguintes vilas e cidades:
Santiago (Praza Roxa ás 18:30 horas) A Coruña (Obelisco ás 19 horas) Lugo (diante do edificio sindical Ronda da Muralla ás 19 horas) Vigo (na Farola de Urzaiz ás 19:30 horas) Carballo (Praza do  Concello ás 20 horas) Ferrol (Praza de Amada García ás 20 horas) Pontevedra (Praza da Peregrina ás 20 horas) Vilagarcía (Praza de Galiza ás 20 horas) Ourense (Xardíns Padre Feixoo de Ourense ás 20 horas) Cee (diante do CEIP Eugenio López ás 20 horas).

Así mesmo, tense previsto para a semana entrante:
  • Concentracións o 9 de maio durante o recreo nos centros escolares.
  • Concentración diante da Consellaría de Educación o 11 de maio, data na que se inician as probas.
Nesta ligazón tes acceso a toda a información

Ningún comentario:

Publicar un comentario