mércores, 25 de maio de 2016

Publicados cursos AFD 2016: dirixidos a traballadores/as en situación de desemprego

Acaba de facerse pública a oferta formativa dirixida prioritariamente a traballadores e traballadoras en situación de desemprego para a provincia da Coruña. Na seguinte ligazón acededes á páxina da consellería, e se premes na provincia que vos interese accedese ao pdf.

Está por concellos, e en cada concello, as entidades que teñen formación, nome e telefone, e curso que teñen concedidos. A información que aparece nesta páxina é de orientación.

Na seguinte ligazón, do servizo público de emprego, que podedes filtrar segundo os vosos intereses, os cursos que aparecen son aqueles que xa iniciaron o proceso de selección polo que de estar interesado/a, tes que solicitalo xa.

As accións formativas que se xestionarán dende forGA Milladoiro aínda non iniciaron o proceso de selección, do que se vos informará no seu momento para que o solicitedes na oficina de emprego vosa, ou vía telemática se tedes os permisos correspondentes.

Por vía telefónica (981939434) ou presencial no local, só se informa dos cursos e actividades de forGA. Calquera cuestión que teñas referente a outras entidades tes que dirixirte a esas entidades.

Calquera cuestión referente a actividades formativas, normas, lexislación de referencia en xeral, o mellor é que a fagades por correo electrónico.

Nos próximos días se vos mandará a información definitiva en relación aos curso de forGA Milladoiro.

Novas relacionadas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario