mércores, 31 de maio de 2017

Concentración en San Caetano: Non á privatización dos servizos públicos na Xunta

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais convoca unha concentración de protesta contra a continúa deriva privatizadora dos servizos públicos na Xunta de Galiza e o recorte de postos públicos. A concentración terá lugar o xoves, 1 de xuño, na explanada da cafetaría de San Caetano, ás 12:00h.

Reiterados son os escritos que ten presentado este órgano de representación denunciando a privatización de servizos públicos ou pedindo información concreta sobre a contratación de asistencias técnicas que nunca facilitan. Estes postos de traballo deberan ser estructurais e figurar nas relacións de postos de traballo e así logo veñen as sentenzas de subcontratación ilegal. A realidade xa a coñecemos, non hai cartos para persoal público pero si para contratar con empresas privadas diferentes servizos, que terminan saíndo máis caros e de peor calidade.

En principio vai ser unha concentración de delegadas e delegados pero faise extensiva a invitación a calquera traballadora ou traballador público. A concentración está oportunamente comunicada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario