luns, 18 de decembro de 2017

Abrese o prazo extraordinario para apuntarse nas listas de bombeir@ forestal

No DOG do 18/12/17 publícase a resolución do 12 de decembro da Dirección Xeral da Función Pública para a apertura de determinadas listas dentro das categorías de Bombeir@s forestais.
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para a contratación temporal de persoal laboral do grupo IV, categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba), e do grupo V, categoría 014 (bombeiro/a forestal).

O modelo de solicitude de inscrición estará á disposición dos interesados no portal web corporativo da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.gal), na epígrafe de listas de contratación temporal (xeración de solicitudes).

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto desde o día 2 de xaneiro ata o día 15 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.
Para máis información, na seguinte ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario