venres, 1 de decembro de 2017

OPE Xunta 2017: Coleccionando ofertas de emprego, que é de balde

A Administración ten paralizadas as Ofertas de Emprego dos anos 2015 e 2016, as dúas practicamente sen executar.


Despois do Acordo de Estabilidade, que non de mellora do Emprego Público, a Xunta saca unha microoferta de emprego, onde non hai nin estabilización nin practicamente promoción interna.

Esta OEP é produto dese Acordo de Estabilidade que asinaron CCOO, UGT e CSIF, aínda que pretendan agora desvincularse, votando en contra desta OEP na Comisión de Persoal, xa que o acordo abrangue as ofertas de emprego ordinarias e extraordinarias, tanto de estabilización como de promoción interna no período 2017-2020.  Publícase no DOG do 12/12/2017.

Aínda é máis grave o asunto porque a Administración ten paralizadas as Ofertas de Emprego dos anos 2015 e 2016, as dúas practicamente sen executar, polo que a do 2017 é un fascículo máis das OEP's coleccionábeis.

Só no caso da promoción interna pendente sen executar dos corpos xerais de persoal funcionario das OEP 2015 e 2016 temos sen convocar 224 prazas. E a maiores habería que sumar as 14 prazas non cubertas da última convocatoria da promoción interna ao corpo administrativo C1 e as 19 prazas do corpo auxiliar C2. 

BLACK FRIDAY co número de prazas.


Das 14.750 prazas que aparecen no Acordo a Xunta oferta a irrisoria cantidade de 789 para a Administración Xeral da Xunta, incluídos, persoal funcionario e laboral, libre, consolidación e promoción interna.

Tendo en conta que nin as prazas de consolidación nin as de promoción interna contan a efectos da taxa de reposición de efectivos, temos que en realidade esta magna OEP é de 414 prazas, menos do 3% do folleto de propaganda da Xunta e os outros sindicatos.

Qué é o que non vai nesta Oferta de Emprego?

  • Non vai unha promoción interna digna.
  • Non vai o proceso de estabilización.
  • Non vai a 1ª parte da consolidación.
  • Non vai a promoción interna cruzada entre corpos xerais e escalas (excepto para dúas escalas).
  • Non vai un número de prazas suficiente para cubrir as necesidades do servizo.
  • Non van as prazas de corpos, escalas e categorías de persoal laboral onde a temporalidade é máis alta.
Descargar anexo prazas OPE 2017

Ningún comentario:

Publicar un comentario