mércores, 17 de xaneiro de 2018

Kronos nos centros de Cultura: solución ou desfeita?

Presentación da tarxeta Kronos
Dende a implantación do sistema de fichaxe (kronos) na  Xunta de Galicia, sabíase que esto (e non podía ser doutra maneria) ía chegar máis tarde ou máis cedo a todos os centros externos aos servizos administrativos centrais; así a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Adminsitrativa está estes días introducindo o sistema de fichaxe nos arquivos, bibliotecas e museos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Antes de nada decir que dende a CIG estamos a favor do control horario de todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia (incluído persoal de libre designación), que os centros teñan horarios similares e que as compensacións horarias sexan reguladas, xustas e iguais.

Pero non se pode comezar a casa polo tellado, dende a Administración  (e especialmente dende Cultura) deben saber que nos centros culturais o persoal está penado por horarios extraordinarios; polos que por riba de non cobrar un euro vailles traer problemas agora cando se enfrenten a fichar nun sistema que non lles recoñece eses horarios. Así os horarios se excepcionan  en que o persoal fai tardes, sábados e domingos coas súas correspondentes libranzas; esto non está recoñecido polo Kronos o que fai que a partir de agora cada traballador teña desviacións horarias que non son reais.

Para que se entenda: Un traballador destes centros se presta os seus servizos un sábado pola mañán (cinco horas), como compensación libra un día de semana (7 horas e media); para Kronos ese  traballador lle debe á Xunta 2 horas e media.

Antes de aplicar un sistema de fichaxe haberá que regular o rango de horario*, e haberá que falar como  se compensa en horas, como se compensa en cartos, como e cando se libra, e dende logo libanzas igual para todos os centros.

O dito, PRIMEIRO REGULAR E DESPOIS FICHAR, senón esto se parece máis ao camaorte dos irmáns Marx que a unha Adminsistración eficiente, transparente e estruturada.

Por iso SOLICITAMOS DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DE CULTURA a apertura dunha Mesa de Negociación inmediata para sentar as bases dun acordo de horarios nestes centros.

* Aprobado con nocturnidade e aleivosía nunha modificación parcial da RPT (DOG 13/10/2006). Que por que dicimos isto? Porque  primeiro apróbase a RPT en agosto metendo horario de mañán e tarde ao persoal técnico (por suposto sen compensación nengunha).  Despois danse conta que meteron a pata no horario (pois tamén queren que fagan sabados e domingos) e aproveitando que fixeran unha desfeita cos códigos de titulación dos postos e meten ao final do texto(para que pase desapercibido) unha coletiña para aclarar que mañán/tarde tamén inclue sabados e domingos. Dende aquela xa houbo dúas modificacións da RPT de Cultura e non se quixo falar do tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario